Últimas noticias
Escola HC e At. Coruña, Campións galegos cadete hóckey herba
Escola HC e At. Coruña HC, proclamáronse Campións galegos CADETE mixto e feminino, de hóckey herba. Os títulos autónomicos viaxan a terras coruñesas, logo da competición celebrada no campo de Mariñamansa. En categoría cadete mixto, os xogadores do Escola HC derrotaron na Final por 4 a 1 ao Cidade de Ourense. Terceiro posto para CH Barrocás que gañou por 3 a 2 ao Atlántico de Vigo.
En categoría feminina, Final a dobre partido entre equipos coruñeses. O club At. Coruña derrotou por 6-3 e 5-0 ao Escola HC, e con elo proclamouse campión galego.
CONVOCATORIA PROCESO ELECTORAL FGH 2022
Unha vez publicados no apartado desta mesma web “Proceso Electoral 2022” :
- Regulamento Electoral e Calendario Electoral, aprobados pola Secretaría Xeral para o Deporte, cas instrucións, datas e documentos necesarios para o proceso. Reclamación mediante proceso contencioso administrativo nos dous meses seguintes a súa aprobación.
- Nomeamento da Xunta Electoral, segundo o regulamento anterior, para que sexa constituída no prazo de dous días hábiles dende a presente convocatoria. Reclamación dende hoxe ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva no mesmo prazo de dous días hábiles.
- Censo Provisional que figurará exposto 10 días hábiles desde hoxe ata o 3/06/2022. Reclamacións, ou comunicacións de opcións individuais no caso de persoas en varios estamentos ou modalidades, ante a Xunta Electoral. Publicación do Censo Definitivo o 23/06/2022 como máximo.
Confirmamos oficialmente a CONVOCATORIA DAS ELECCIÓNS 2022 para Membros da Asemblea Xeral, Presidente/a e Comisión Delegada da Federación Galega de Hockey, sendo electores e elixibles como membros da asemblea os integrantes do futuro censo definitivo:
20 membros da asemblea con 11 clubs, 4 deportistas, 3 técnicos/as e 2 árbitros/as:
- Presentación candidaturas do 23/06/2022 o 30/06/2022
- Fin solicitude voto por correo: 01/07/2022
- Votacións 10-12h do 10/09/2022 en Ourense (Sede FGH no Campo de Fútbol o Couto) e A Coruña (Salón de actos Complexo Deportivo Elviña).
Presidente/a e Comisión Delegada con 7 membros (Presidente + 6):
- Votacións 10-12h do 12/11/2022 en Ourense (Sede FGH no Campo de Fútbol o Couto)
Finalmente reiteramos as canles telemáticas para remisións de informacións e documentacións:
- Xunta Electoral s/correo electrónico: procesoelectoral2022@fghockey.gal
- Local Federativo Campo Fútbol o Couto, 32002 Ourense – Luns a Xoves de 16 a 20h.
- Comité Galego de Xustiza Deportiva s/sede electrónica: https://sede.xunta.gal
- Rúa Madrid 2-4, Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela
Presidente Comisión Xestora FGH
CH Albor, Campións galegos Alevin mixto hóckey herba
O club ourensán Club Hockey Albor proclamouse Campión galego Alevin mixto, na modalidade de hóckey herba, no campionato celebrado en Mariñamansa o sábado 21 de mayo. Tras un torneo inmaculado, gañando con solvencia todos os seus partidos, os rapaces do equipo do Couto proclamáronse campións galegos en Mariñamansa, gañando a CH Barrocás na Final.
CLASIFICACIÓN CAMPIONATO:
Campión: CH Albor
Subcampión: CH Barrocás
Terceiro: Villar Ourense
4º Escola HC
5º Cidade de Ourense
6º Atlántico HC
Villar Ourense e CH Barrocás, campións Copa Galicia 2022
Gimnástico Cudeiro, 50 anos de hóckey
Un club histórico na cidade de Ourense, o Ximnástico Cudeiro, celebra o seu 50 aniversario. Un longo percorrido con moitas xeracións de xogadores, forxados no cercano pobo de Cudeiro, no Concello de Ourense.
Na Gala do hóckey galego, celebrada o sábado 14 de maio, coincidindo coa Copa Galicia 2022, a Comisión Xestora da FGH quixo facer unha homenaxe a un club tan representativo do hóckey galego.
Compartimos un video realizado polo servizo de Comunicación, que sirva tamén de recoñecemento a tantos anos de bo traballo polo hóckey en Ourense: